
BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv6.2.8//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.fqgalicia.org/gl//
X-WR-CALNAME:Asociación Galega de Fibrosis Quística
X-WR-CALDESC:Asociación Galega
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-ba1022548d8bc253f6dda3144cd11ede@fqgalicia.org
DTSTART;TZID=UTC:20260906T100000
DTEND;TZID=UTC:20260906T223000
DTSTAMP:20260831T115700
CREATED:20260831
LAST-MODIFIED:20260831
PRIORITY:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Xornada Solidaria Día Mundial da Fibrose Quística
DESCRIPTION:💚🧡 Baiona acollerá unha Xornada Solidaria polo Día Mundial da Fibrose Quística\nA Asociación Galega de Fibrose Quística celebrará o vindeiro domingo 6 de setembro unha xornada chea de actividades para toda a familia, coa Andaina Solidaria de 8 km como unha das propostas destacadas do programa.\nCon motivo do Día Mundial da Fibrose Quística, a Asociación Galega de Fibrose Quística organiza o vindeiro domingo 6 de setembro unha Xornada Solidaria en Baiona, que se desenvolverá durante todo o día na Praza do Concello, desde as 10:00 ata as 22:30 h.\nA xornada nace co obxectivo de reunir a familias, persoas colaboradoras e cidadanía arredor dunha celebración que permita dar visibilidade á Fibrose Quística, compartir un día de lecer e convivencia e apoiar o traballo que desenvolve a Asociación.\nAo longo da xornada poderase gozar dunha ampla programación de actividades deportivas, lúdicas e culturais para todos os públicos: Andaina Solidaria, inchables, maxia, obradoiro de xadrez, Zumba, pasacalles, photocall solidario, actuacións musicais, danza, espectáculos e sorteos de agasallos, entre outras propostas.\n🥾 Andaina Solidaria: 8 quilómetros para gozar de Baiona en familia\nUnha das actividades principais desta xornada será, un ano máis, a Andaina Solidaria, organizada en colaboración co Club Cornelios.\nA proposta invita a percorrer 8 quilómetros por Baiona, gozando da contorna, facendo exercicio e compartindo unha mañá diferente en familia, ao mesmo tempo que se colabora coa Asociación Galega de Fibrose Quística.\n📅 Domingo 6 de setembro📍 Saída: Praza do Concello de Baiona⏰ Hora de saída: 10:00 h🥾 Percorrido: 8 km\nAs inscricións permanecerán abertas ata o 5 de setembro de 2026 e poderán realizarse a través da seguinte ligazón:\n👉 https://forms.gle/gnPNiiJ8phgxVJ3M9\nA inscrición formalizarase mediante a adquisición de 3 rifas solidarias, a 1 € cada unha, na mesa da Asociación Galega de Fibrose Quística o día do evento. Estas rifas permitirán, ademais, participar nos sorteos de agasallos que se celebrarán ao longo da xornada na Praza do Concello. A saída da andaina está prevista para as 10:00 h.\nAnimamos a todas as persoas que queiran participar a inscribirse e acompañarnos neste percorrido. Será unha oportunidade para coñecer Baiona dunha maneira diferente, gozar dunha actividade ao aire libre e compartir tempo en familia mentres se apoia unha boa causa.\n🎉 Unha xornada para compartir\nAdemais da Andaina Solidaria, durante o día sucederanse diferentes actividades para gozar na Praza do Concello.\nA programación inclúe inchables, maxia, obradoiro de xadrez, photocall solidario, Zumba con Bruno Hermida, pasacalles, o espectáculo Moby Dick da compañía Pedras de Cartón, actuacións de Jóvenes Cantantes, Danza pola FQ e o monólogo de Bairetranca, ademais dos diferentes sorteos de agasallos.\nSerá, polo tanto, unha xornada pensada para participar, gozar e achegar a Fibrose Quística á sociedade, un dos obxectivos fundamentais da comunicación da Asociación.\n🎁 Sorteos solidarios\nDurante a xornada tamén se poderán adquirir rifas solidarias na mesa da Asociación, que permitirán participar nos diferentes sorteos de agasallos programados ao longo do día.\nEstes sorteos son posibles grazas á colaboración e solidariedade das persoas e entidades que quixeron contribuír á organización desta xornada.\nDesde a Asociación queremos agradecer todas as colaboracións recibidas e sinalar que seguimos recibindo novas colaboracións. Todas as persoas e entidades colaboradoras publicaranse integramente o día do evento.\nAsí mesmo, aquelas persoas e entidades que realizaron doazóns especificamente destinadas ao sorteo solidario aparecerán nun cartel específico que se elaborará con motivo do sorteo e que será publicado o mesmo día da xornada.\n🙋‍♀️ Tamén precisamos persoas voluntarias\nPara poder desenvolver todas as actividades previstas precisamos contar cun equipo de persoas voluntarias que nos axuden durante a xornada.\nQuen queira colaborar pode poñerse en contacto coa Asociación a través de fqgalicia@fqgalicia.org ou chamando ao 687200684, indicando o horario no que poderá participar. Deste xeito poderemos organizar previamente o equipo de persoas voluntarias e distribuír as diferentes tarefas.\nToda axuda é benvida e será fundamental para facer posible esta xornada. 💚🧡\n💚🧡 Agardámosvos en Baiona para compartir un día de solidariedade, deporte, lecer e convivencia arredor da Fibrose Quística.\n
URL:https://www.fqgalicia.org/gl/eventos/xornada-solidaria-dia-mundial-da-fibrose-quistica/
CATEGORIES:actividades
LOCATION:Plaza del ayuntamiento de Baiona
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.fqgalicia.org/wp-content/uploads/2026/08/Cartel-Gala-FQ-Baiona-2026_Galego.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR
