Resumo da Xornada Solidaria – Día Mundial da Fibrose Quística 2025
Que emocionante foi compartir este día solidario con todos vós na Praza do Concello de Baiona!
Queremos dar as grazas a todos os que fixeron desta xornada un éxito:
- Concello de Baiona, por cedernos o espazo e a súa colaboración.
- Club Cornelios Marqués de Vizhoja, por estar connosco en cada paso do evento.
- Grazas ás empresas e marcas que doaron os incribles agasallos para os sorteos.
- A Toni Pilates, pola súa enerxía na sesión de pilates e o seu apoio durante o evento.
- Grupo de Baile Dansá Performing Arts, pola súa marabillosa actuación que alegrou a tarde.
- A Rogelio III. La fête por un show único que encantou a todos os asistentes, e a Culturea, que o fixo posible.
- Grazas tamén a Eventos Rey Midas polo espectáculo de maxia e o inchable.
- Á Lexión 501, pola súa presenza tan especial e o photocall que nos permitiu capturar tantos bos momentos.
- Non podemos esquecernos dos artistas que nos acompañaron, como NovoOrballo, Os Terribles de Donas, e os Mozos Cantantes, que encheron o día de música.
- Ao noso presentador, que se encargou de que todo fluíse co seu carisma.
- E aos membros da Asociación FQ Galicia, que non deixaron de traballar para que todo saíse perfecto.
Grazas a todos os participantes e asistentes por facer deste Día Mundial da Fibrose Quística algo inesquecible.
Vémonos no próximo evento!


