Fisioterapia respiratoria

É un dos tratamentos fundamentais e obrigatorios nas persoas con Fibrose Quística

Se estás recentemente diagnosticado

 

O fisioterapeuta explicarache o tratamento, buscando a aceptación e concienciación do mesmo. Ademais será necesario introducir a práctica dos exercicios da fisioterapia tendo en conta a idade da persoa paciente, o seu estado e evolución da enfermidade, recursos persoais e materiais dos que dispón e a súa colaboración.

Supón o 80% dos diferentes tratamentos para persoas con FQ en canto a beneficios de saúde se refire, xa que de non practicarse corre perigo a vida da persoa

Que ofrece a fisioterapia?

1

Unha correcta educación sobre a súa enfermidade e tratamento, outorgándolle desta maneira a posibilidade de ser partícipe de maneira activa no mesmo e axudándolle a controlar os síntomas.

2

A realización de exercicios sinxelos que aprenderá da man dun/dunha fisioterapeuta especializado/a.

3

Unha boa adherencia ao tratamento, axudando a integralo no estilo de vida da persoa paciente con FQ, ademais de fomentar o autocoidado.

Beneficios da fisioterapia respiratoria

Prevención de infeccións respiratorias recorrentes
Redución dos ingresos hospitalarios
Incremento da funcionalidade e capacidade de exercicio
Mellora da calidade de vida

Profesionais ao cargo

Comproba cal é o/a fisioterapeuta
máis próximo/a ao teu domicilio.

Centros conveniados

A Coruña

Sinapse Neurología

Lugo

Fisioterapia Cian

Nigrán

Cecilia Alcázar Alonso Fisioterapeutas

Lugo

Clínica Atlas Ribadeo

Vigo

Clínica Nodos

Ourense

Moquiños Fisioterapia

Oleiros

Suama Salud

A domicilio

Zona norte: A Coruña e Lugo

Erea Bao González
No Col. 1877

Zona sur: Pontevedra e Ourense

Ana Estévez Fernández
No Col. 2757