Informámoste e asesoramoste en todos os recursos que podes acceder
Información e orientación social
O servizo de atención social da entidade axuda ás persoas con FQ a adaptarse ao seu novo día a día cos recursos e información pertinentes. Afrontar un diagnóstico dunha enfermidade supón unha nova formulación de vida a todos os niveis. Hai que tomar importantes decisións para o presente e o futuro que se relacionan coa propia persoa, a saúde, o traballo, a vivenda, as relacións sociais, etc.
Asesoramento sobre axudas, servizos e recursos
Facilitar información, orientación e asesoramento sobre axudas, servizos e recursos. A persoa debe ser consciente da súa propia realidade, coñecer as súas capacidades e os apoios cos que conta na súa contorna, a nivel individual como familiar.
Entre as súas funcións atópanse:
Amortecer o impacto do diagnóstico
O profesional aquí realiza labores de acompañamento, contención e soporte emocional porque cando se presenta nas nosas vidas unha enfermidade como a Fibrose Quística, o diagnóstico, supón unha ameaza á nosa saúde, ás nosas actividades cotiás e á nosa independencia. A angustia ante a falta de tratamento específico, a incerteza da desinformación, a mirada ao futuro son cousas que é mellor pasalas en compañía.
Crear un clima de confianza
O apoio técnico xera un espazo de comunicación que permite o afrontamento da realidade e o desenvolvemento de capacidades.
É importante ter en conta que a resposta que se ofrece non é algo puntual senón que se mantén no tempo polo que se establecen contactos para seguir facilitando información nova sobre distintas cuestións que poidan interesar á persoa como os avances en investigación, as actividades da AGFQ, etc…