A AGFQ ten como fin contribuír ao coñecemento, estudo e investigación sobre a Fibrose Quística, mellorar a calidade de vida das persoas con FQ e as súas familias, manter un estreito contacto con profesionais da saúde especialistas en FQ para mellorar a asistencia sanitaria das persoas pacientes, divulgar e dar a coñecer a FQ.
A nosa traxectoria
Ano 1985
Constituíuse a Asociación Galega de Fibrose Quística co obxectivo de dar apoio e información ás persoas afectadas pola devandita enfermidade e as súas familias.
Forma parte da Federación Española de Fibrose Quística, da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Traxectoria
A finais de 2011 firmouse un convenio co Colexio de Farmaceúticos da Provincia de A Coruña (COFC) co obxectivo de materializar as líneas de traballo emprendidas fai moitos anos e darnos a oportunidade de comunicar os nosos eventos e actividades a través das oficinas de farmacia.
En 2016 abrimos unha sucursal en Vigo, Avenida de Teixugueiras nº15 Navia, onde dispoñemos de oficina, grazas ao espacio cedido por COGAMI, e unha traballadora social para atender ás persoas socias do sur de Galicia (Pontevedra e Ourense).
En 2018 abrimos a oficina de Ourense en Rúa Recaredo Paz nº1, nun espazo alquilado por Discafis.
En xaneiro de 2017 conseguimos a declaración de utilidade pública.
En xuño de 2019 certificamos á Asociación con 2 Estrelas á Excelencia na Xestión e Compromiso Social emitido por Bureau Veritas – Fundación Grupo Develop. Actualmente, temos unha certificación de 3 Estrelas á Excelencia na Xestión e Compromiso social.
No ano 2023 abrimos a nosa delegación de Lugo en Polígono Fingoi, Rúa da Luz, 4, grazas a un espazo cedido por COGAMI.
Actualidade
Desde agosto de 2025 a asociación conta cunha autorización, outorgada pola Xunta de Galicia por un período inicial de 4 anos, para o uso dun local dentro do Espazo Amizar; un edificio situado na rúa Gregorio Hernández, na esquina de Avenida Peruleiro, do concello da Coruña.
Actualmente, a AGFQ consta de duascentas sesenta persoas socias repartidas polas 4 provincias da Comunidade Galega. Entre elas atópanse persoas con Fibrose Quística, familiares e persoas sensibilizadas coa causa.
Onde podes atoparnos?
O noso ámbito de actuación é toda a Comunidade Autónoma de Galicia. A nosa sede está situada na Coruña e contamos con delegacións en Vigo (Pontevedra), Ourense e Lugo.
Avenida de Arteixo, 85 (15007, A Coruña)
Rúa Gregorio Hernández, 2-4, 3ª planta (15011, A Coruña)
Avenida Teixugueiras, 15 (36212, Vigo)
Rúa Recaredo Paz, 1 (32005, Ourense)
Polígono Fingoi, Rúa da Luz, 4 (27002, Lugo)
Que nos define?
Contribuír ao coñecemento, estudo e investigación sobre a fibrose quística, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con Fibrose Quística e das súas familias.
Constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromisos e liderado nas metodoloxías de traballo e en procura da excelencia nas actuacións dirixidas ao grupo social das persoas afectadas de fibrose quística e das súas familias.
Facilitar a integración social das persoas con Fibrose Quística a través da mellora do seu estado de saúde e calidade de vida.
Valores
Obxectivos
Proporcionar información e asesoramento
Axudar ás persoas con Fibrose Quística e ás súas familias proporcionándolles información e asesoramento para afrontar, dunha forma máis eficaz a situación xerada despois do diagnóstico, así como a evolución ao longo do tempo.
Asesorar no ámbito laboral, xurídico e persoal
Asesorar en aspectos relacionados co ámbito laboral, xurídico e persoal mediante reunións con persoas afectadas e familias, charlas informativas, soporte escrito e visual, etc.
Representar os intereses e informar dos seus dereito
Representar os intereses das persoas con FQ e dos seus familiares, informándolles dos seus dereitos, opcións, proporcionando a súa participación en servizos que tenden a mellorar a situación de saúde, persoal, laboral , social, laboral, etc.
Potenciar as relacións cos especialistas
Potenciar as relacións co colectivo de médicos especialistas e outros profesionais da saúde que interveñan no proceso da enfermidade.
Publicitar e difundir material didáctico e formativo
Publicitar e difundir material didáctico e formativo relacionado coa enfermidade.
Coñece o equipo
Cal é a nosa composición?
Guadalupe Muiño Méndez
Vogal
David Varela Míguez
Vogal
María Dolores Álvarez Gómez
Vogal
Borja Bermúdez Millán
Vogal
Juan Antonio Da Silva Irago
Presidente
Diego Ameneiro
Vicepresidente
Geraldine Altavilla
Secretaria
Ana Isabel Álvarez Caloto
Tesoureira
Carmen Vázquez Carpente
Vogal
Jose Luis Cividanes Matos
Vogal
Antonio Arroyo Rodríguez
Vogal
Con que formación contamos?
XESTIÓN POR PROCESOS
PLAN DE CALIDADE
XESTIÓN DE INDICADORES
E CADRO DE MANDO
A Asociación de
Fibrose Quística de Galicia
colabora con:


