A tranquilidade dun fogar para afrontar a enfermidade
Información sobre o servizo de acollida
Se es unha persoa con FQ ou familiar, e tes que trasladate a Galicia para visitas hospitalarias ou tratamento, hai distintas opcións para que poidas aloxarte.
Asesoramento sobre o piso de acollida
As persoas afectadas por Fibrose Quística e familiares que necesiten aloxarse en A Coruña de maneira temporal por estancia no hospital da persoa que ten FQ, poderán facelo grazas a que recentemente a AGFQ asinou un convenio con AGADHEMO ( Asociación Galega de Hemofilia)
Este recurso é un paso fundamental no transcurso da recuperación das persoas pacientes, debido a que lles achega tranquilidade, recollemento, intimidade e a posibilidade de vivir un momento crucial da vida en familia.
Crear un aloxamento de confianza
O servizo de casa de acollida será levado a cabo pola traballadora social da entidade, a mesma que coordinará o proxecto.
Con este servizo ofrécese unha contorna afectiva adecuada, próxima ao hospital e dende onde se pretende minimizar outro tipo de efectos xerados pola enfermidade: reducir os desprazamentos das persoas coa enfermidade e o custo económico que supón para a familia o permanecer longos períodos de tempo fóra do seu domicilio.
Piso de acollida
Cambre
C/ Curros Enriquez, no 41, 4o Q.
A 10 min del Hospital de Teresa Herrera.