Exercicio Físico

O deporte para mellorar a calidade de vida

Exercicio físico e FQ

 

O exercicio físico constitúe un dos catro piares do tratamento da fibrose quística. A súa práctica regular axuda a manter unha mellor condición física e psicolóxica, e unha mellor calidade de vida.

A actividade física moldearase ás necesidades de cada persoa.

Debe incluír exercicios para o adestramento da resistencia e a forza muscular e a flexibilidade, o equilibrio e a coordinación. Así como actividades cardiovasculares.

A importancia do deporte

 

O manter un bo estado físico é importante por varias razóns nas persoas con FQ. Unha boa resistencia, boa forza muscular e mobilidade, así como a conciencia do propio corpo, influencian a calidade de vida, a sensibilidade ás infeccións, a capacidade de facer fronte ás infeccións e o nivel de actividade no tempo libre.

Como son as sesións?

Quecemento
mobilidade articular e específico

Parte principal
con traballo específico

Volta á calma
mediante estiramentos e respiracións

Por que é recomendable o exercicio físico en FQ?

 

O exercicio físico debe ser algo habitual na rutina diaria. Non debe ser estresante, nin esgotador e adaptarase ás motivacións e intereses de cada persoa participante, para inculcar nela unha serie de hábitos de vida saudable.

1

Mellora da limpeza de moco das vías respiratorias.

2

Aumento de forza e resistencia de músculos ventilatorios.

3

Redución na resistencia da vía aérea.

4

Aumento da tolerancia ao exercicio.

5

Redución da ansiedade e a angustia, aumento da sensación de benestar.

6

Menor número de ingresos hospitalarios por exacerbación pulmonar.

Programa personalizado

 

Na actualidade, numerosos estudos científicos demostraron que o exercicio físico e o deporte, mediante un programa individualizado, supervisado e adaptado ás necesidades integrais e individualidades de cada persoa con FQ, nas súas dimensións fisiolóxica, psicolóxica e social, vai mellorar significativamente a súa calidade de vida.

Ao comezo, e periodicamente, realizarase unha avaliación individual a todas as persoas participantes do programa. Con iso coñecemos os niveis de partida e a evolución. Con eses datos realízanse readaptacións e estudos sobre a súa efectividade.

É difícil describir a estrutura exacta do programa, ao ser individual e haber tanta variabilidade entre as persoas con FQ