Skip to main content

Estaremos o próximo domingo 19/03/2023 en Oia cos nosos amigos de Cornelios no IX Desafioia. Para os máis pequenos teremos a actuación gratuita de Paco Nogueiras “Canto Contigo” (ver cartel adxunto) e ao finalizar a actuación sortearanse agasallos solidarios. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Bodega Marqués de Vizhoja, do Concello de Oia e da organización do Desafioia.

Volvemos ó Desafioia despois de 3 anos de pandemia para fomentar o exercicio físico e visibilizar a Fibrose Quística, polo que gustaríanos contar convosco.

NOTA. Estas actividades son moi importantes para a asociación xa que cos fondos recaudados podemos facer fronte ós gastos que as subvencións non cubren; e así poder ampliar os servizos que ofrecemos dende a asociación

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística