O Xoves 25 de Abril de 2024, unímonos á manifestación que tivo lugar no Hospital Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), co obxectivo de reclamar maior especialidade multidisciplinar xenética clínica.
Entre ás reivindicacións están:
- Garantir un acceso equitativo ás probas xenéticas.
- Facilitar o diagnóstico precoz.
- Mellorar o diagnóstico e o asesoramento xenético para as persoas pacientes e as súas familias.
- Recoñecer e valorar o traballo dos profesionais dedicados á xenética no ámbito da saúde e garantir unha formación adecuada para futuros expertos en xenética clínica.