Skip to main content

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Fibrose Quística a asociación organiza a Gala do Día Mundial da Fibrose Quística en Baiona o vindeiro domingo 8/9/2024. 

Preparamos ao longo de todo o día diferentes actividades ao aire libre tanto deportivas, lúdicas ou de lecer para poder gozar todos xuntos deste día, facer visible a FQ e fomentar o exercicio físico no colectivo.

Durante todo o día poderanse adquirir rifas solidarias na mesa da asociación, estas permitirán participar nos sorteos que se realizarán ás horas indicadas no cartel.

Estes sorteos son posibles grazas á solidariedade dos colaboradores do evento que un ano máis quixeron participar e achegar o seu granito de area. Sortearanse agasallos como un televisor Smart TV de 32″, unha cea, unha mariscada, roupa, lentes de sol, quebracabezas, un xamón, …

Como en anos anteriores o Club Cornelios colabora connosco organizando ao andaina solidaria. Para participar podedes inscribirvos na seguinte ligazón ou o mesmo día ata 10 minutos antes da saída na mesa da asociación:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScR6Fg1i5ieMUg5kd0mfLiXM3QKb2GCPyC0WwF1FCk0AXTPtw/viewform

Evento: Día Mundial da Fibrose Quística

Día e Lugar: Domingo 8 de setembro 2024, Praza do Concello de Baiona, Pontevedra

Hora: 10.00 – 22.00

  • IMPORTANTE: A recadación que se obteña ese día é clave xa que se destinará a cubrir unha parte moi importante dos servizos que ofrecemos dende a asociación e que non son cubertos coas subvencións.

Esperámosvos!!!!

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística