Skip to main content

Dende a Asociación Galega da Fibrose Quística queremos expresar o noso agradecemento público e ENORME como GRANDE que é o Dr. Alfonso Solar por toda a súa labor de traballo ao longo de toda unha vida, pola súa dedicación total en corpo e alma cara á nosa enfermidade e sobre todo pola súa HUMANIDADE, porque foi un amigo, unha persoa totalmente ofrecida a axudar, a darnos unha alegría cando temos os nosos peores momentos e pola súa calidade de persoa.

Non podemos estar máis contentos pola medalla de ouro que lle foi concedida polo Colexio de Médicos da Coruña e entregada no día 15 de Xuño , a pasada fin de semana polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística