Concerto benéfico Prime Ministers
O sábado 21 de outubro (ás 22:30) Prime Ministers dará un concerto benéfico na Sala Pelícano da Coruña, no que todo o diñeiro recadado irá destinado á Asociación Galega de Fibrose Quística. Grazas a isto poderemos cubrir e mellorar os servizos que ofrecemos.
Xa podedes adquirir as vosas entradas a 10€ en https://salapelicano.ocionorte.com/eventos/prime-ministers-en-concierto-21-octubre/
Se non podes asistir e queres colaborar podes realizar un donativo na Fila 0.