Nutrición

Axudámosche a mellorar os teus hábitos de alimentación e achegamos recursos de interese

O servizo de nutrición está orientado a axudar ás persoas con FQ e ás súas familias para mellorar os seus hábitos de alimentación, facendo máis sinxela a planificación e o día a día coas comidas.

Qué ofrece o servizo?

Educación alimentaria

Charlas e talleres

Materiais de consulta

Educación alimentaria

 

As sesións de educación alimentaria están dirixidas a todas aquelas persoas socias que necesiten axuda e ideas prácticas para mellorar a súa alimentación.

Durante as sesións resolveranse dúbidas, facilitaranse recursos de interese e achegaranse pautas e consellos que axuden a adquirir novos hábitos de alimentación.

Charlas e talleres

 

Realizaremos periodicamente charlas e talleres de diferentes temáticas relacionadas coa alimentación saudable e a cociña.

Materiais de consulta

 

Proximamente poderás atopar aquí materiais de interese para descargar.

A través das nosas redes sociais tamén poderás atopar consellos ou infografías.

Síguenos nas nosas redes para estar ao tanto das novidades

Profesional ao cargo

A Coruña

Rúa Gregorio Hernández, 2-4, Espazo Amizar 3ª planta

Avenida de Arteixo, 85

nutricion@fqgalicia.org
Teléfono: 687 200 684