Un ano máis, o grupo Prime Ministers volve mostrar o seu lado máis solidario ofrecendo un concerto benéfico a favor da nosa asociación.
📍 Sala Pelícano (A Coruña)
📅 Venres, 6 de marzo – 22:30h
Será unha noite para gozar de boa música, reencontrarnos, compartir un ambiente único e, ao mesmo tempo, apoiar o labor que realizamos xuntos cada día. Animámosvos a vir acompañados da vosa familia, amizades, compañeiros e compañeiras… todo o mundo é benvido!
👉 Cantas máis persoas sómense, maior será o apoio á nosa causa e máis lonxe chegará o noso labor.
🎟️ Entradas xa dispoñibles
Podes adquirilas en liña a través da web de Sala Pelícano na seguinte ligazón: https://salapelicano.com/evento/prime-ministers-concierto-benefico/
Ademais, na sede da asociación (Rúa Gregorio Hernández, 2-4, 15011 A Coruña) contamos con entradas físicas, por se preferides este formato. Para iso, podedes escribirnos a fqgalicia@fqgalicia.org ou chamarnos ao 687 200 684.
Animámosvos a difundir o evento, convidar a vosa contorna e encher a sala de música e solidariedade. Cada entrada conta e cada persoa suma. A vosa asistencia marca a diferenza e axúdanos a seguir adiante coa nosa misión.
Esperámosvos para vivir xuntos unha noite inesquecible! 💙🎶


