Skip to main content

O pasado 10 de maio, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Galega de Fibrose Quística na sede de COGAMI na Coruña.

Contamos coa colaboración dos membros da xunta directiva así como a de diferentes socios. Nela trátanse diversos temas como o repaso da memoria de actividades que se levou a cabo o ano pasado (2024), así como a posta en común da contabilidade que se realizou o mesmo ano. Outros dos temas que se trataron foron os novos proxectos que se realizarán este ano e as subvencións que están pendentes de conceder do mesmo xeito que as concedidas ou denegadas.

Para rematar, expuxéronse diferentes consellos dirixidos ás persoas usuarias e socias da asociación sobre cuestións relacionadas coa enfermidade.

 

 

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística