Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que fixeron posible a nosa participación. Ás voluntarias e voluntarios que nos acompañaron durante ambas xornadas, entregando o seu tempo e enerxía de xeito desinteresado. A quen se achegou á nosa mesa, ben para informarse sobre a Fibrose Quística ou para colaborar connosco, mostrando unha vez máis unha actitude solidaria e comprometida. E, por suposto, á organización do torneo, que nos brindou a oportunidade e o espazo para compartir a nosa mensaxe e o noso labor nunha contorna tan especial.
Durante o evento, o equipo do Deportivo alzouse coa vitoria, pechando así unha edición memorable do torneo.
Os fondos que conseguimos recadar nesta ocasión serán destinados íntegramente a continuar mellorando os servizos que ofrecemos desde a Asociación, co firme obxectivo de seguir apoiando as persoas con Fibrose Quística e ás súas familias.




