A Asociación Galega de Fibrose Quística volve estar presente na 5 a edición do DesafiOia onde se reivindicou o financiamento por parte do Ministerio de Sanidade de Orkambi e Symkevi. Durante o Trail os participantes colaboraron adquirindo produtos solidarios como a nosa mascota Pulmonito e grazas ao Concello de Oia e á Deputación de Pontevedra os máis pequenos gozaron pola tarde da actuación de “Pallaso Total” de Trasgo Circo. Durante o evento recadamos 416,90€ que irán destinados a manter os servizos ofrecidos pola asociación.
Entidad declarada de utilidad pública y certificada con el sello de Excelencia a la Gestión y al Compromiso Social, nivel 3 estrellas.