Skip to main content

Segundo notificou o Ministerio de Sanidade á Federación Española de Fibrose Quística, a Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos (CIPM), na súa última reunión celebrada o pasado 18 de marzo, decidiu autorizar por fin o financiamento dos medicamentos Orkambi e Symkevi para persoas con Fibroses Quística.

No caso de Orkambi autorizouse a indicación para nenos de 6 a 11 anos (ambos inclusive) con dúas copias da mutación F508del, á espera da súa aprobación pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), que chegará nos próximos meses.

Symkevi (xa aprobado pola AEMPS) autorizouse para persoas a partir de 12 anos con dúas copias da mutación F508del, así como persoas cunha soa copia F508del máis unha das seguintes 14 mutacións de función residual: P67L, R117C, L206W, R352Q, A455E, D579G, 711 3A → G, S945L, S977F, R1070W , D1152H, 2789 5G → A, 3272-26A → G, e 3849 10kbC → T.

Esta autorización realizouse baixo o modelo de pago por resultados, unha opción que en principio non era do agrado do laboratorio Vertex, e aínda non coñecemos a súa opinión respecto a esta decisión do Ministerio de Sanidade. Conforme vaiamos tendo máis información, irémosvos ampliando as condicións definidas na devandita autorización, xa que aínda non sabemos canto alongará esto a chegada dos medicamentos aos hospitais.

Desde a Federación celebramos este paso adiante por parte do Ministerio de Sanidade, autorizando o financiamento destes medicamentos que tanto tempo levabamos demandando.

Fonte: Federación Española de Fibrosis Quística

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística