Skip to main content

O 22 de Abril de 2026 foi o Día Nacional da Fibrose Quística, este ano baixo o lema “70% non é suficiente”, co cal reivindicamos a necesidade de acelerar o financiamento no Sistema Nacional de Saúde de tratamentos xa aprobados en Europa, así como seguir impulsando a investigación para aquelas persoas que aínda non contan cunha opción terapéutica eficaz.


Por iso, a asociación promoveu diferentes actividades para dar visibilidade a esta problemática. Estas foron as seguintes:

  • A iluminación de diferentes edificios públicos por toda Galicia para dar visibilidade a esta enfermidade, durante a noite do 22 ao 23 de abril.
  • Mesas informativas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no CHUAC de A Coruña.

Dende a FEFQ fíxose un chamamento ás Administracións Públicas para actuar con urxencia en dúas liñas: a aprobación urxente dos tratamentos xa dispoñibles e o apoio á investigación en enfermidades raras como a Fibrose Quística. Podedes ler o comunicado ao completo na súa páxina web. TTamén podedes visitar a páxina web oficial do Día Nacional da FQ 2026 e ver todas as actividades que foron levadas a cabo no territorio nacional.

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística