Skip to main content

A Asociación Galega de Fibrose Quística é beneficiaria do Programa de fisioterapia respiratoria a domicilio e exercicio físico dirixido. Este proxecto foi posible grazas ao financiamento da Fundación Inocente Inocente.

Grazas a esta colaboración, púidose ofrecer atención especializada a nenos e nenas con fibrose quística no seu propio domicilio, o que permitiu mellorar a súa adherencia ao tratamento, reforzar a autonomía na súa execución, e optimizar a súa condición física, evitando desprazamentos hospitalarios e reducindo o risco de infeccións cruzadas.

O programa tivo como obxectivo principal ensinar e reforzar técnicas de fisioterapia respiratoria para facilitar o aseo bronquial, previr infeccións e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias.

Ademais, ofreceuse formación e asesoramento específico ás familias, facilitando a correcta implementación dos tratamentos dentro da contorna familiar.

Para desenvolver este programa, a entidade contou co financiamento de 10.000,00€ procedentes da Fundación Inocente Inocente.

 

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística