Skip to main content

Con motivo do Día Nacional da Fibrose Quística, estivemos con algúns profesionais sanitarios de Vigo no Hospital Álvaro Cunqueiro. Alí, instalamos unha mesa na sala principal de consultas para ofrecer información á cidadanía sobre a FQ.

Por outra banda, numerosos edificios e monumentos en toda España ilumináronse de verde e laranxa como mostra de apoio e sensibilización desta enfermidade.

En Galicia, durante a noite do 23 ao 24 de abril, grazas á colaboración de diferentes entidades públicas e concellos, os seguintes lugares emblemáticos tinguíronse destas cores:

– Fontes de Aragón

– Titán do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)

– Concello de Baiona

– Consellería de Sanidade

– Ponte Romana de Ourense

Actividades como esta, contribúen a visibilizar a enfermidade, promover a comprensión social e promover unha atención máis humana e especializada.

Grazas a todas as persoas que vos sumastes á xornada e a quenes fan posible iniciativas como esta.

Seguimos traballando xuntos.

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística