Skip to main content

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Fibrose Quística, a Asociación organizou a Gala do Día Mundial da Fibrose Quística en Baiona o vindeiro domingo 7/9/2025.

Preparamos ao longo de todo o día diferentes actividades ao aire libre tanto deportivas, lúdicas ou de lecer para poder desfrutar todos xuntos deste día, facer visible a FQ e fomentar o exercicio físico no colectivo.

Durante todo o día poderanse adquirir rifas solidarias na mesa da asociación, estas permitirán participar nos sorteos que se realizarán ás horas indicadas no cartel.

Estes sorteos son posibles grazas á solidariedade dos colaboradores do evento que un ano máis quixeron participar e achegar o seu gran de area.

Coma en anos anteriores o Club Cornelios colabora connosco organizando a Andaina Solidaria. Para participar podedes inscribirvos na seguinte ligazón ou o mesmo día ata 10 minutos antes da saída na mesa da Asociación:

https://docs.google.com/forms/d/e/1faipqlsejewrdg_xh1mgskkfp8xjlo8zneok0avwnf9gdahrdysh-hw/viewform

 

Evento: Día Mundial da Fibrose Quística

Día: Domingo 7 de setembro 2025

Lugar: Praza do Concello de Baiona, Pontevedra.

Hora: 10.00 – 20.30

 

* IMPORTANTE: A recadación que se obteña ese día é clave xa que se destinará a cubrir unha parte moi importante dos servizos que ofrecemos desde a asociación e que non se cobren coas subvencións.

Esperámosvos!!

Leave a Reply

Asociación Galega de Fibrosis Quística
Asociación Galega de Fibrosis Quística